Blanco
PortadaseparatorTablón de anunciosseparatorPublicación listaxes Axudasle


Publicación listaxes Axudasle

Sábado, 11-Abril-2026
No enlace https://www.edu.xunta.gal/axudasle/ pódense consultar as primeiras listaxes publicadas en relación á ORDE do 7 de xaneiro de 2026 pola que se convocan axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2026 destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos, en réxime de concorrencia competitiva (código de procedemento ED504B). Artigo 15. Procedemento de adxudicación de praza 1. Finalizada a comprobación das solicitudes e da documentación recibidas, o órgano instrutor publicará tres listaxes: unha, en que se incluirán as solicitudes admitidas; unha segunda, de solicitudes que precisan da emenda dalgún aspecto, e unha terceira, de solicitudes excluídas, facendo constar as causas de exclusión. Estas listaxes exporanse na web da convocatoria (https://www.edu.xunta.gal/axudasle/) e remitiranse para a súa publicación aos centros de ensino obxecto do ámbito desta convocatoria.