O pasado 23 de maio celebrouse o acto de graduación do alumnado de 2 de Bacharelato e 2 de Formación profesional básica. Noraboa a todos eles e lembrade que as portas do centro sémpre van estar abertas para vós. Pica na seguinte imaxe para ver a galería de fotos.
CADERNO DE BITÁCORA DA SAÍA A PORTODía 23 marzoO día 23 de marzo de 2022 o alumnado de terceiro e cuarto da ESO fomos de excursión a Portugal Saímos de Celanova ás 8 e media da mañá dirección PortoAo chegar fomos ao noso hotel (Porto City Hotel) deixamos as equipaxes e fomos camiñando ata o centro ...
O pasado 4 de abril, o alumnado de 1 ciclo da ESO de relixión fixeron unha saída didáctica a Braga. A actividade englóbase dentro das accións programadas polo departamento coa finalidade de complementar a dimensión histórica-artística da materia. Visitamos o Satuario do Bom Xes...
No día de hoxe asistimos a unha obra de teatro en inglés organizada polo Departamento de Inglés. Á obra acudimos todo o centro e todos disfrutamos aprendendo un novo idioma.
Primeira viaxe á neve post-pandemia!!!!! que ben o pasaron os rapaces e canto melloraron cos esquís co paso dos días. Aquí vos queda unha pequena mostra da nosa semana en Andorra.
O día 8 de marzo conmemoramos o Día internacional da Muller no auditorio Ilduara de Celanova. O Concello de Celanova ofrecéunos unha actividade para todo o alumnado para dar visibilidade a todas esas mulleres "invisibles" ao longo da historia, non só en ámbitos científicos ou académicos senón tamén a todas as que, desde o principio dos tempos sostiveron a vida e nos coidaron.
Primeira viaxe de estudos despois de dous "anos covid". Museos, roteiros, teatro, paseos, convivencia e carreiras polo metro!. O persoal do hostel felicitounos polo bo comportamento do noso alumnado (coma sempre).
O prazo de reserva de matrícula para o curso 22/23 en Secundaria e Bacharelato vai desde o 11 de xaneiro ao 8 de febreiro. Gustaríanos que coñezades o noso centro e presentarvos o noso proxecto pedagóxico, o equipo humano no que se apoia así como as aul...
O venres 10 de decembro alumnado de 3. ESO do IES Celanova Celso Emilio Ferreiro estivo realizando a actividade “Voamos con números: unha aventura aérea” na Aula Newton Galicia situada no Parque Tecnolóxico de Galicia, Tecnópole, no concello...
No día de hoxe recibimos a visita de Damien Sheehy da editorial Burlington que impartiu unhas charlas para 1 e 2 de bacharelato sobre os principais símbolos e iconas dos Estados Unidos e a súa cultura. Foron unhas charlas moi amenas e entretidas na que ...
Comezamos cos adestramentos de baloncesto enmarcados na actividade cultural e deportivo Basket X Libros na que se mestura a lectura e a práctica de baloncesto. O alumnado realiza tres adestramentos semanais de baloncesto e participan no clube de lectura...
Estamos encantados de redactar esta entradiña estival para felicitar ao noso alumnado en particular e a toda a comunidade educativa en xeral polos fantásticos resultados na ABAU, que nos levaron ata o segundo posto do podio dos centros ourensáns. A mate...
David Russell e a súa guitarra levan a Celanova polo mundo, e o noso IES tamén está incluído na fantástica gravación pertencente á colección OMNI on Location: Concerts from Historic Sites, na que o xenial guitarrista realiza gravacións en lugares patrim...
"Cómprame a Igualdade", co seu último proxecto "Publigualdade", vén de recibir o primeiro premio da modalidade Galicons-net dos Plans Proxecta, dependente do Instituto Galego do Consumo e da Competencia. Estamos encantados de anunciarvos esta boa nova, ...
Comezamos con éxito a nosa participación no programa Xogade da Consellería de Educación con podios e grandes resultados no campo a través de Muiños. Acadamos primeiro e segundo posto na categoría infantil masculina: Adrián Rodríguez Martínez e Adán Rodr...
Visita a Santiago de Compostela: 2 de decembro de 2019. Aproveitando o convite do Parlamento de Galicia para participar nos actos conmemorativos do 40 aniversario do pasamento de Celso Emilio Ferreiro, no que participou activamente o noso alumnado recit...
Este sitio web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a túa experiencia de usuario, gardando preferencias, produtos visitados, datos de acceso,..., co fin de ofrecer contidos adaptados aos intereses do usuario. Si se continua navegando por esta web consideramos que se asume e acepta o seu uso.. «Ver a nosa política de cookies» | «Máis información sobre as cookies». Calquera dúbida ou suxestión utilize usar nosa «sección de contacto.»