O pasado martes 31 de xaneiro tivemos unha xornada de portas abertas que foi a primeira toma de contacto entras as familias e o alumnado que se incorporará no vindeiro curso. É o punto de partida dunha serie de actividades co obxectivo de que o novo alumnado coñeza as instalacións e o profesorado, no mes de xuño o futuro alumnado virá acompañado polos seus titores e no mes de setembro teremos unha reunión coas familias e presentación dos novos titores.