O pasado 28 de novembro o alumnado da FPB realizou unha visita didáctica á denominación de orixe do Ribeiro.
Da man de Juan Casares, Presidente do C.R.D.O. O Ribeiro, o alumnado visitou EVEGA, a adega Fernando Cibeira e o Consello Regulador da DOP O Ribeiro.
En EVEGA puideron coñecer o labor de I+D+I levada a cabo para preservar variedades autóctonas e afrontar plagas que poidan xurdir.
Na adega Fernando Cibeira o propio Fernando explicoulles como xurdiu a idea de negocio así como o proceso de elaboración e distribución do viño.
Por último, no Consello Regulador, Juan explicoulles o labor de promoción e control de calidade dos viños pertencentes a esta denominación.