arriba

 
Blanco
PortadaseparatorNovas-NovidadesseparatorViaxe a Coimbra-Aveiro-...


Viaxe a Coimbra-Aveiro-Porto

Xoves, 3-Novembro-2022

Alumando de 4.ºESO e de 1.º e 2.º Bacharelato realizamos unha visita didáctica a Portugal entre o 27 e o 29 de outubro. A primeira visita guiada foi á cidade universitaria de Coimbra para despois coñecermos a cidade de Aveiro, a Venecia portuguesa. Ao día seguinte tocou a cidade de Porto: Livraria Lello&Irmão, Estação de São Bento, pasamos a pé a Ponte de D. Luís I e chegamos a Vila Nova de Gaia. Collimos o teleférico de Gaia e visitamos a Ribeira. Antes de comer visitamos e fixemos unha visita guiada á Alfândega e ao Museu dos Transportes e Comunicações. A seguinte parada foi o Estádio do Dragão e unha sesión de cine. O derradeiro día visitamos o Mercado do Bolhão antes de partir cara a Braga, que con moita choiva, foi a nosa última parada antes de regresarmos a Celanova.


Viaxe a Coimbra-Aveiro-Porto - Foto 1
Viaxe a Coimbra-Aveiro-Porto - Foto 2
Viaxe a Coimbra-Aveiro-Porto - Foto 3
Viaxe a Coimbra-Aveiro-Porto - Foto 4
Viaxe a Coimbra-Aveiro-Porto - Foto 5


Mais noticias...

Este sitio web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a túa experiencia de usuario, gardando preferencias, produtos visitados, datos de acceso,..., co fin de ofrecer contidos adaptados aos intereses do usuario. Si se continua navegando por esta web consideramos que se asume e acepta o seu uso..
«Ver a nosa política de cookies» | «Máis información sobre as cookies». Calquera dúbida ou suxestión utilize usar nosa «sección de contacto.»

PECHAR