arriba
       


 
Blanco
PortadaseparatorNovas-NovidadesseparatorVisita á aula Newton


Visita á aula Newton

Martes, 18-Outubro-2022
Visita á aula Newton - Foto

Voamos con números: unha aventura aérea

O pasado 6 de outubro o alumnado da FPB do noso centro fixo unha excursión a Aula Newton ubicada no Parque Tecnolóxico de Galicia (San Cibrao das Viñas).

Aula Newton Galicia é unha iniciativa de divulgación científica gratuíta que Tecnópole promove entre os centros educativos galegos.

Está organizada conxuntamente entre Xunta de Galicia, Boeing, First Scandinavia y Tecnópole.

Aula Newton Galicia ofrece formación en ciencia, tecnoloxía, enxeñería e matemáticas mediante dinámicas prácticas de forma que os estudiantes teñen acceso a equipos que lles permiten explorar, debater, reflexionar e colaborar nas materias STEM.

O noso alumnado desenvolveu unas tarefas previas na aula e ó chegar mostrouselle un vídeo que lles solicitaba poñer en marcha unha operación de rescate. Para isto tiveron que dividirse en 4 grupos e elaborar un plan de voo para logo poñerse ós mandos dunha Cessna.


Visita á aula Newton - Foto 1
Visita á aula Newton - Foto 2
Visita á aula Newton - Foto 3
Visita á aula Newton - Foto 4


Mais noticias...

Este sitio web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a túa experiencia de usuario, gardando preferencias, produtos visitados, datos de acceso,..., co fin de ofrecer contidos adaptados aos intereses do usuario. Si se continua navegando por esta web consideramos que se asume e acepta o seu uso..
«Ver a nosa política de cookies» | «Máis información sobre as cookies». Calquera dúbida ou suxestión utilize usar nosa «sección de contacto.»

PECHAR