
Estamos de celebración porque (outra vez) SOMOS DE PREMIO!!!!!!!
Revalidamos o obtido fai 10 anos, o Ministerio de Educación recoñeceu de novo o traballo da biblioteca do IES Celanova Celso Emilio Ferreiro a nivel nacional, demostrando que non perdemos as mañas.
O que máis nos gusta é que o nome da nosa vila e do noso centro (RURAL E PÚBLICO da Galicia profunda) resoe por todo o país como exemplo de boa praxis, e que se poña en valor o traballo do claustro, do equipo da biblio, do alumnado e da comunidade educativa en xeral.