arriba
       


 
Blanco
PortadaseparatorNoticiasseparatorExcursión Porto


Excursión Porto


Xoves, 21-Abril-2022

CADERNO DE BITÁCORA DA SAÍA A PORTO
Día 23 marzo
O día 23 de marzo de 2022 o alumnado de terceiro e cuarto da ESO fomos de excursión a Portugal
Saímos de Celanova ás 8 e media da mañá dirección Porto
Ao chegar fomos ao noso hotel (Porto City Hotel) deixamos as equipaxes e fomos camiñando ata o centro da cidade, alí comemos e puidemos visitar as tendas da Rúa Santa Catarina.
Sobre as 3 da tarde fomos ver a estación ferroviaria de São Bento antes de coller o bus que nos levaría ao Estádio do Dragão
No estádio fixemos a visita guiada polo inteiro onde nos explicaron a historia do equipo.
Despois disto fomos ao centro comercial Alameda Shopping que está ao lado do estadio, ceamos e fomos ao cine onde puidemos escoller entre 2 películas.

Dia 24 marzo
Despois de almorzar, volvemos ir cara o centro da cidade onde puidemos visitar a Livraria Lello, onde se inspirou a escritora de Harry Potter para escribir os libros.
Tamén fomos ao Museo da Historia Natural e da Ciencia de Porto.
Sobre a 1 da tarde tivemos un tempo para comer e dar un paseo pola beira do Douro, tamén cruzamos e vimos o lado de Vila Nova de Gaia.
Pola tarde fomos ao Museo dos Descobrimentos onde nos falaron sobre as conquistas de Portugal ao longo da historia.
Pola noite algúns de nós tivemos oportunidade de ir ver o partido Portugal-Turquía ao Estádio do Dragão, que foi unha das experiencias máis divertidas da viaxe.

Día 25 marzo
Levantámonos no noso último día de excursión para ir almorzar e coller o bus que nos levaría a Aveiro, onde montamos nos moliceiros onde o guía nos foi explicando a historia da cidade e os seus produtos e costumes típicos.
Despois de comer e pasear pola zona voltamos ao bus.
Paramos no centro comercial de Braga onde tivemos unhas horas para visitar as tendas e facer outras actividades, sobre as 7 da tarde volvemos coller o bus xa camiño de volta a Celanova .


Xiana Garrido Seara e Xiana Arias Blanco.


Excursión Porto - Foto 1
Excursión Porto - Foto 2
Excursión Porto - Foto 3
Excursión Porto - Foto 4


Más noticias...

Este sitio web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a túa experiencia de usuario, gardando preferencias, produtos visitados, datos de acceso,..., co fin de ofrecer contidos adaptados aos intereses do usuario. Si se continua navegando por esta web consideramos que se asume e acepta o seu uso..
«Ver a nosa política de cookies» | «Máis información sobre as cookies». Calquera dúbida ou suxestión utilize usar nosa «sección de contacto.»

PECHAR