O día 8 de marzo conmemoramos o Día internacional da Muller no auditorio Ilduara de Celanova. O Concello de Celanova ofrecéunos unha actividade para todo o alumnado para dar visibilidade a todas esas mulleres "invisibles" ao longo da historia, non só en ámbitos científicos ou académicos senón tamén a todas as que, desde o principio dos tempos sostiveron a vida e nos coidaron.