
Comezamos cos adestramentos de baloncesto enmarcados na actividade cultural e deportivo Basket X Libros na que se mestura a lectura e a práctica de baloncesto. O alumnado realiza tres adestramentos semanais de baloncesto e participan no clube de lectura do centro, o obxectivo é fomentar hábitos saudables (dentro do proxecto de centro Mens Sana in córpore Sano) e ao mesmo tempo fomentar hábitos de lectura.