Por fin podemos saír a practicar actividades físicas diversas nos recreos!!!
O alumnado de 1º e 2º ESO comezou a saír e agora fan deportes como o fútbol ou o bádminton; neste momento, vaise ampliar a oferta (a proposta deles mesmos) a outros xogos, como a comba, a soga e demais. Temos uns rapaces moi autónomos que se encargan eles mesmos de informarse das regras e organizarse para xogar.
No terceiro trimestre os xogos populares serán os protagonistas, recuperando así as brincadeiras de toda a vida: o pilla pilla, as carreiras de sacos... e, se cadra... haberá espazo para a billarda ou os zancos? Xa vos contaremos!
Polo momento deixámosvos unhas fotos para que vexades o bo ambiente que temos!