arriba
       


 
Blanco
PortadaseparatorNoticiasseparatorVisita a Porto e Aveiro: 7 ao 9 de novembro


Visita a Porto e Aveiro: 7 ao 9 de novembro


Martes, 12-Novembro-2019
Visita a Porto e Aveiro: 7 ao 9 de novembro - Foto

Alumnado de 4.º da ESO, 1.º de Bacharelato e 1.º FPB cruzamos a fronteira cara ao país veciño na que foi unha viaxe inesquecible e chea de momentos divertidos por terras portuguesas. A choiva respectou as nosas andanzas pola cidade de Porto, que recorremos dende as fermosas pontes sobre o Douro ata o centro histórico da urbe, salpicado de preciosos edificios como a Estação de São Bento, a catedral e, como non, de infinitos azulexos pintados con mestría e cariño. Na nosa estadía puidemos sentir a magnificencia dos edificios do concello, a torre dos Clérigos, a Reitoría da Universidade do Porto, o furor do Estádio do Dragão dende dentro, a maxia da Livraria Lello&Irmão e a amabilidade dos portugueses; ademais de poñer a proba as nosas dotes de orientación polas liñas do metro –proba que, por certo, pasamos con nota.
Xa en Aveiro, “a Venecia portuguesa”, a xornada pasada por auga non nos impediu gozar ata o último momento e facer algunha compra que traer á casa. Tras unha parada en Braga, emprendemos unha viaxe de volta entre algunha que outra soneca da que non se salvaron nin os profesores. E é que, tras tres días ao máximo, quen non precisa de descanso?

Santiago Gómez (1.º Bach. A)



Más noticias...

Este sitio web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a túa experiencia de usuario, gardando preferencias, produtos visitados, datos de acceso,..., co fin de ofrecer contidos adaptados aos intereses do usuario. Si se continua navegando por esta web consideramos que se asume e acepta o seu uso..
«Ver a nosa política de cookies» | «Máis información sobre as cookies». Calquera dúbida ou suxestión utilize usar nosa «sección de contacto.»

PECHAR