arriba
       


 
Blanco
PortadaseparatorNoticiasseparatorOnde o mundo ainda se chama Celanova


Onde o mundo ainda se chama Celanova


Luns, 1-Xullo-2019

Este proxecto nace da necesidade de que o alumnado coñeza en profundidade e valore o patrimonio cultural, artístico, etnográfico e lingüístico da vila de Celanova e a súa contorna máis próxima. Celanova posúe unha riqueza cultural inmensa en moitos ámbitos que os alumnos e as súas familias descoñecen. Este é un proxecto para toda a comunidade educativa; alumnos, profesores de distintas materias e familias participarán activamente nas distintas actividades incluídas nesta fermosa viaxe cultural e literaria pola vila de Celanova.
O punto de partida será o propio centro, xa que o IES Celanova ocupa un edificio histórico, cunhas dependencias de obrigado coñecemento por parte do alumado. A partir de aquí continuaremos co noso traballo de investigación de cada recuncho de interese da vila, todo iso acompañado polas verbas dos nosos ilustres escritores e cos sons dos tubos do espectacular órgano barroco.

Aquí tedes o enlace para ver todo o proxecto: https://pacaf.weebly.com/



Más noticias...

Este sitio web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a túa experiencia de usuario, gardando preferencias, produtos visitados, datos de acceso,..., co fin de ofrecer contidos adaptados aos intereses do usuario. Si se continua navegando por esta web consideramos que se asume e acepta o seu uso..
«Ver a nosa política de cookies» | «Máis información sobre as cookies». Calquera dúbida ou suxestión utilize usar nosa «sección de contacto.»

PECHAR