A primeira parada foi para realizar unha visita guiada ao mosteiro de São Martinho de Tibães (Braga) moi parecido ao de Celanova. Despois, xa en Porto visitouse a Torre dos Clérigos, a Livraria Lello & Irmão, a estação Ferroviária de Porto-São Bento e subimos pola ponte de Dom Luís (proxectada por Gustave Eiffel). Ao día seguinte tocou Guimarães (coas súas prazas da Oliveira e de Santiago) e Barcelos (co seu famoso galo) e para rematar Braga co Arco da Porta Nova, a Sé de Braga, o Jardim de Santa Bárbara etc. Finalmente pechamos a saída en Viana do Castelo visitando o navío Hospital Gil Eannes (que desde 1955 até 1973 apoiaba a frota bacallaeira portuguesa que traballaba nos bancos de Terranova e Groenlandia) e rematando na praia do Norte.