arriba
       


 
Blanco
PortadaseparatorNoticiasseparatorVisita a Edesdev


Visita a Edesdev


Venres, 27-Abril-2018

Os alumnos de Economía de 4º da ESO e 1º de Bacharelato visitaron as instalacións de Edesdev, empresa punteira de enxeñaría e deseño sita no polígono de San Cibrao das Viñas (Ourense). A firma ourensá é un referente europeo na aplicación das máis avanzadas tecnoloxías no campo da produción industrial (entre outros produtos, próteses e pezas dentais e cirúrxicas). O alumnado tivo a oportunidade de coñecer o deseño en 3D e a súa utilización no proceso produtivo industrial. Os estudantes descubriron como se deseña dixitalmente un produto e como é a súa fabricación coa máis innovadora tecnoloxía. Edesdev é unha empresa ourensá con gran experiencia no sector industrial, que exporta para toda Europa.


Visita a Edesdev - Foto 1
Visita a Edesdev - Foto 2


Más noticias...

Este sitio web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a túa experiencia de usuario, gardando preferencias, produtos visitados, datos de acceso,..., co fin de ofrecer contidos adaptados aos intereses do usuario. Si se continua navegando por esta web consideramos que se asume e acepta o seu uso..
«Ver a nosa política de cookies» | «Máis información sobre as cookies». Calquera dúbida ou suxestión utilize usar nosa «sección de contacto.»

PECHAR