arriba

 
Blanco
PortadaseparatorNovas-NovidadesseparatorExcursión á Costa da Mo...


Excursión á Costa da Morte

Luns, 27-Abril-2026

Alumnado de 3.º e 4.º da ESO de Proxecto Competencial e mais da materia de Libre disposición de Cento de Bacharelato desprazáronse ata a Costa da Morte este luns 27 de abril.

Neste saída didáctica realizaron, no concello de Muxía, o roteiro dos Muíños do Río Negro e chegaron á praia de Area Maior. Despois chegaron camiñando ata o paseo marítimo de Muxía e visitaron a pedra de Abalar. A seguir, xa en bus, desprazáronse á fervenza do Ézaro, no concello de Dumbría, para comer e ver o espectáculo da desembocadura do río Xallas no mar: é o único río de toda a península Ibérica, e un dos poucos de Europa, que desemboca no mar, neste caso no Oceáno Atlántico, en forma de fervenza.

Finalmente e ata o regreso a Celanova estiveron xogando e bañándose na praia do Ézaro.


Excursión á Costa da Morte - Foto 1
Excursión á Costa da Morte - Foto 2
Excursión á Costa da Morte - Foto 3


Mais noticias...

Este sitio web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a túa experiencia como persoa usuaria, gardando preferencias, datos de acceso,..., co fin de ofrecer contidos adaptados aos intereses da persoa usuaria. Se se continúa a navegar por esta web consideramos que asume e acepta o seu uso.
«Ver a nosa política de cookies» | «Máis información sobre as cookies». Para calquera dúbida ou suxestión pode usar a nosa sección «Contacte co IES Celanova-Celso Emilio Ferreiro».

PECHAR