Dentro dos actos do Día do Libro, o sábado 25 de abril tivo lugar na biblioteca do IES un concerto da Ensemble de Música Antiga do Conservatorio de Ourense. A obra que puido escoitar o público asistente foi Venus e Adonis de John Blow.
A interpretación deunos a oportunidade de escoitar en directo instrumentos pouco habituais: o clavicémbalo, o consort de violas da gamba, o consort de frautas de bico e, por suposto, o coro. Son os instrumentos axeitados para a música composta no século XVII.
Así, puidemos viaxar ó Barroco, momento no que o Calustro do Poleiro estaba a piques de ser rematado.
O concerto foi precedido por unha visita ó centro guiada polo alumnado de Oratoria.












