Do 14 ao 21 de febreiro, alumnado de latín do noso centro participou, xunto con profesorado e
alumnado de outros 13 centros de Galicia, na Operación Exeria organizada pola SEEC Galicia, con
destino Roma e Nápoles.
Os catro primeiros días aloxáronse en Roma, visitaron o impresionante Coliseo, os Foros
Romanos e o Panteón, pero tamén lugares emblemáticos como a Praza de Trevi, Praza Novona,
Praza de San Pedro e museos vaticanos.
Desde Roma desprazáronse para coñecer Ostia Antica, situada a 35 km de Roma, na
desembocadura do Río Tíber e a necrópole etrusca de Banditaccia, en Cerveteri, na que se poden
visitar 400 tumbas.
Tamén puideron desfrutar de Villa Adriana, en Tívoli, mandada construír polo emperador Adriano, como lugar de descanso.
O mércores emprederon rumbo a Nápoles, ademáis de visitar esta cidade, desde alí desprazáronse a Herculano e Pompeia, cidades sepultadas pola erupción do Vesuvio no ano 72.
Non podía faltar a visita ao Museo Arqueolóxico de Nápoles, onde se recollen pezas, mosaicos e
pinturas atopadas tanto en Herculano como en Pompeia.
E como todo ten o seu fin, o sábado tocou emprender viaxe de volta, cargados de emocións,
vivencias e, tamén hai que dicilo, dun pracenteiro cansancio!










