Entre os días 22 e 25 de outubro o alumnado de 4º ESO realizou una visita didáctica a Portugal, concretamente á súa capital Lisboa e tamén a Cascais, Coimbra e Aveiro.
A primeira parada tivo lugar na cidade universitaria de Coimbra para coñecer os lugares máis representativos desta universidade, que é unha das máis antigas en funcionamento continuo do mundo. Pola noite foi a chegada ao hotel, situado no centro de Lisboa.
Ao día seguinte comezou coa visita á Torre do Tombo, na cidade universitaria, e despois a vista guiada á Palacio Nacional da Ajuda e mais á súa grandiosa biblioteca onde se puido ver o Cancioneiro da Ajuda, unha alfaia cultural galega e portuguesa que é a colección de cantigas de amor escritas en galego-portugués. A seguir, e despois de comer, fíxose unha vista guiada ao Museo e ao Estádio do Benfica. Á noitiña, tocou a zona de Belém para ver o Padrão dos Descobrimentos e o Mosteiro dos Jerónimos e probar os afamados pasteis de Belém.
O terceiro día comezou cun paseo pola Boca do Inferno e a visita a cidade de Cascais. Despois de comer, tocou o centro da cidade de Lisboa: comezouse pola Praça do Comercio (Terreiro do Paço), e a rúa Augusta e o seu grande Arco, onde se fixo unha parada no MUDE-Museu do Design. Despois subiuse ao barrio da Alfama para ver á Sé de Lisboa e o Miradouro de Santa Luzia. Pola noite a comida tivo lugar na Baixa lisboeta entre as prazas de D. Pedro IV e da Figueira.
O último día, para rematar a visita a Portugal, regresouse a Celanova parando e visitando Aveiro, para ver os famosos molicieiros.











