O departamento de Relixión Católica ven de realizar, nos días 23 e 24 de outubro, unha visita co alumnado de Bacharelato ás cidades de Salamanca e Zamora para asistir á exposición de "Las Edades del Hombre".
Ademais de visitar estas cidades e os seus monumentos máis salientables, puideron contemplar, na catedral de Zamora, sé da exposición, obras de Picasso, Goya, El Greco, Velázquez ou Zurbarán.









