arriba

 
Blanco


PREMIO FEAEGA

Venres, 19-Setembro-2025

O día 18 de setembro acudimos ao Pazo de María Pita en A Coruña, sede do Concello, a recoller o premio FEAEGA Rafael Rodríguez Martin.
O Fórum Europeo de Administradores da Educación (FEAE) é una organización non gobernamental sen ánimo de lucro que traballa no ámbito da educación. No estado español constituíuse na década dos oitenta.
O sentido máis importante do foro é participar crítica e activamente na mellora da educación e desta maneira contribuír a aumentar a súa equidade e a súa calidade.
Neste caso, os premios foron convocados pola delegación galega deste Fórum, e os nosos traballos no eido da memoria histórica foron recoñecidos con este galardón.
O acto contou con intervencións ben interesantes por parte da presidenta da organización, Susana Vázquez, o Concelleiro de Educación de A Coruña, Juan Ignacio Borrego Vázquez, e nós mesmos explicando o noso proxecto. O alumnado asistente, una representación de bacharelato, participou tamén cunha actitude impecable e recitando un poema do noso Celso Emilio.
Grazas a FEAEGA por esta iniciativa, por visibilizar os traballos dos centros e por acollernos con tanto agarimo.


PREMIO FEAEGA - Foto 1
PREMIO FEAEGA - Foto 2
PREMIO FEAEGA - Foto 3


Mais noticias...

Este sitio web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a túa experiencia como persoa usuaria, gardando preferencias, datos de acceso,..., co fin de ofrecer contidos adaptados aos intereses da persoa usuaria. Se se continúa a navegar por esta web consideramos que asume e acepta o seu uso.
«Ver a nosa política de cookies» | «Máis información sobre as cookies». Para calquera dúbida ou suxestión pode usar a nosa sección «Contacte co IES Celanova-Celso Emilio Ferreiro».

PECHAR