O alumnado de 2º da ESO viaxou a León como parte da aprendizaxe de Historia e Arte. Alí visitaron, entre outras cousas, a catedral gótica, a colexiata de San Isidoro, o centro de interpretación romano e a casa Botines de Gaudí. Tamén puideron visitar o castelo templario en Ponferrada e coñecer o lago glaciar máis grande da península.