arriba
       


 
Blanco


Musicoterapia

Xoves, 15-Marzo-2018

Como complemento á actividade física incidimos tamén na educación integral do alumnado, facendo valer o título do proxecto ("Mens Sana in Corpore Sano").

“A Música, pulso&matriz. Saúde na educación” é un proxecto educativo interdisciplinar que ten como obxectivo a formación integral do alumnado, para mellorar a súa calidade de vida e o seu crecemento persoal, intelectual e cognitivo a través da aplicación da música e o son. Está incluído dentro do proxecto de centro “Mens sana in corpore sano”, que fomenta os hábitos saudables do alumnado na alimentación e o exercicio físico.

As sesións realízanse cunha periodicidade mensual e para todo o alumnado cos musicoterapeutas Montse Merino e Marco Costa. O traballo realizado ao longo do curso terá como resultado final a representación “Harry e Merincios. Maxia e música”: Harry o Mago ven a Galicia a visitar á súa amiga Merincios a Meiga para propoñerlle algo que ela non poderá rexeitar. O escenario do seu encontro, será o IES de Celanova, pois hai anos Harry, casualmente, visitou o edificio e quedou prendado del, da súa intrigante historia e do grande parecido co seu querido Colexio Hogwarts de Maxia.


Tivemos un aperitivo do resultado final o día 21 de decembro cunha interesante actividade...

 img#12904



Mais noticias...

Este sitio web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a túa experiencia de usuario, gardando preferencias, produtos visitados, datos de acceso,..., co fin de ofrecer contidos adaptados aos intereses do usuario. Si se continua navegando por esta web consideramos que se asume e acepta o seu uso..
«Ver a nosa política de cookies» | «Máis información sobre as cookies». Calquera dúbida ou suxestión utilize usar nosa «sección de contacto.»

PECHAR