O pasado venres 9 de marzo de 2018 cinco alumnas e alumnos de 2.º ESO do noso centro (Carmen Mei, Clara Lamberdina, Émily, Alexandre e mais Félix) desprazáronse ao Campus Universitario de Ourense para participar no X.º Concurso Coca-Cola Novos Talentos de Relato Curto. Con este certame preténdese promover o desenvolvemento da expresión escrita e a lectura en lingua galega entre o alumnado de 2º da ESO. O estímulo creativo que se lles entregou nesta edición ao alumnado foi o enunciado “Profe: pasaporte ao futuro”, escrito sobre unha lousa, e a partir de aí comezaron a redactar os seus relatos, entre nervios, e nunha aula que no futuro pode ser onde estuden.