arriba

 
Blanco
PortadaseparatorNovas-NovidadesseparatorLisboa-Coimbra-Aveiro: ...


Lisboa-Coimbra-Aveiro: 23 ao 26 Outubro 2024

Venres, 8-Novembro-2024

Alumnado de 4.º ESO e mais de 1.º e 2.º Bacharelato realizamos unha visita didáctica a Portugal, concretamente á súa capital Lisboa e tamén ás cidades de Coimbra e Aveiro.
A primeira parada foi na cidade universitaria de Coimbra onde, baixo unha calor abafante, visitamos os lugares máis representativos desta universidade que das máis antigas en funcionamento continuo do mundo e a máis antiga de Portugal. Pola noite chegamos ao hotel na costa Caparica.
No día seguinte, xa en Lisboa fixemos unha vista guiada á Biblioteca Nacional de Portugal, onde puidemos ver o orixinal do Cancioneiro da Biblioteca Nacional, tamén denominado Cancioneiro Colocci-Brancuti, unha alfaia cultural galega e portuguesa que é a colección de cantigas escritas en galego-portugués. A seguir visitamos a zona universitaria da Universidade de Lisboa e despois de comer fixemos unha vista guiada ao Museo e ao Estádio do Benfica. Á noitiña desprazámonos ata a zona de Belém, onde visitamos a Torre de Belém, o Padrão dos Descobrimentos, o Mosteiro dos Jerónimos e probamos os famosos pasteis de Belém.
O terceiro día tocou o centro da cidade de Lisboa. Comezamos na Praça dos Restauradores e mais o interactivo Museu do Dinheiro, que inclúe a Muralha de D. Dinis. Tamén nos detivemos na Praça de D. Pedro IV, na rúa Augusta e o seu grande Arco e na Praça do Comercio (Terreiro do Paço). Despois de comer estivemos coa tuna da Facultade de Farmacia e subimos desde a Baixa ata o Chiado e pasamos pola cafetería A Brasileira e o largo do Carmo, coa súa relevancia dentro da Revolução dos Cravos de 1974, onde tivemos unha excelente vista da cidade de Lisboa desde o elevador do Carmo.
O último día, para rematar esta visita a Portugal, regresamos a Celanova parando en Aveiro para visitala, comer e onde vimos os famosos molicieiros.


Lisboa-Coimbra-Aveiro: 23 ao 26 Outubro 2024 - Foto 1
Lisboa-Coimbra-Aveiro: 23 ao 26 Outubro 2024 - Foto 2
Lisboa-Coimbra-Aveiro: 23 ao 26 Outubro 2024 - Foto 3
Lisboa-Coimbra-Aveiro: 23 ao 26 Outubro 2024 - Foto 4
Lisboa-Coimbra-Aveiro: 23 ao 26 Outubro 2024 - Foto 5
Lisboa-Coimbra-Aveiro: 23 ao 26 Outubro 2024 - Foto 6
Lisboa-Coimbra-Aveiro: 23 ao 26 Outubro 2024 - Foto 7
Lisboa-Coimbra-Aveiro: 23 ao 26 Outubro 2024 - Foto 8
Lisboa-Coimbra-Aveiro: 23 ao 26 Outubro 2024 - Foto 9


Mais noticias...

Este sitio web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a túa experiencia de usuario, gardando preferencias, produtos visitados, datos de acceso,..., co fin de ofrecer contidos adaptados aos intereses do usuario. Si se continua navegando por esta web consideramos que se asume e acepta o seu uso..
«Ver a nosa política de cookies» | «Máis información sobre as cookies». Calquera dúbida ou suxestión utilize usar nosa «sección de contacto.»

PECHAR