arriba

 
Blanco
PortadaseparatorNovas-NovidadesseparatorLisboa, Coimbra e Aveir...


Lisboa, Coimbra e Aveiro: 25 ao 28 de outubro de 2023

Mércores, 25-Outubro-2023

O alumnado de 4.º ESO e de 1.º Bacharelato realizaron unha visita didáctica a Portugal, concretamente á súa capital Lisboa e tamén a Coimbra e Aveiro.
A primeira parada foi na cidade universitaria de Coimbra. No día seguinte, xa en Lisboa fixemos unha vista guiada ao Palacio da Ajuda e tamén á Biblioteca da Ajuda, onde nos explicaron a súa historia e puidemos ver o Cancioneiro da Ajuda que está nesta biblioteca desde o século XIX. É a máis antiga colección de cantigas escritas en galego-portugués e que está datado a finais do século XIII ou comezo do XIV.
Tamén visitamos a Boca do Inferno, Cascais, Estoril e na zona de Belém: a Torre de Belém, o Padrão dos Descobrimentos, o Mosteiro dos Jerónimos e probamos os famosos pasteis de Belém.
Ao día seguinte tocou a cidade de Lisboa coas famosas Praça dos Restauradores, Praça de D. Pedro IV, Praça da Figueira, a rúa Augusta e o seu grande Arco e a Praça do Comercio (Terreiro do Paço). Tamén visitamos o Bairro Alto, o Chiado e a Alfama, coa Sé de Lisboa e o castelo de São Jorge.
O último día, para rematar a visita a Portugal de regreso a Celanova paramos en Aveiro onde vimos os famosos molicieiros.


Lisboa, Coimbra e Aveiro: 25 ao 28 de outubro de 2023 - Foto 1
Lisboa, Coimbra e Aveiro: 25 ao 28 de outubro de 2023 - Foto 2
Lisboa, Coimbra e Aveiro: 25 ao 28 de outubro de 2023 - Foto 3
Lisboa, Coimbra e Aveiro: 25 ao 28 de outubro de 2023 - Foto 4
Lisboa, Coimbra e Aveiro: 25 ao 28 de outubro de 2023 - Foto 5
Lisboa, Coimbra e Aveiro: 25 ao 28 de outubro de 2023 - Foto 6


Mais noticias...

Este sitio web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a túa experiencia de usuario, gardando preferencias, produtos visitados, datos de acceso,..., co fin de ofrecer contidos adaptados aos intereses do usuario. Si se continua navegando por esta web consideramos que se asume e acepta o seu uso..
«Ver a nosa política de cookies» | «Máis información sobre as cookies». Calquera dúbida ou suxestión utilize usar nosa «sección de contacto.»

PECHAR