arriba
       


 
Blanco
PortadaseparatorNovas-NovidadesseparatorA Idade Media en Feminino nas Terras de Celanova


A Idade Media en Feminino nas Terras de Celanova

Venres, 9-Marzo-2018

Este nove de marzo o alumnado de 4º de ESO, e Bacharelato asistiu a unha conferencia impartida por Miguel…, un historiador brillante, cuxa xuventude foi un elemento que non só non rebaixou o nivel da súa disertación, senón que, ben ao contrario, fíxoa máis interesante e próxima ao noso alumnado.
Ameno, rigoroso e cunha tese ben argumentada, presentou informacións extraídas dun corpus documental achegado á realidade do auditorio, pois a meirande parte dos textos e citas remitían a Celanova, á súa bisbarra ou á provincia.
Que as mulleres, por moi medievais que fosen, eran seres e non enseres, que traballaban, soñaban, loitaban e decidían… é de sentido común, mais esa obviedade non é tan común no relato histórico e didáctico.
Desde o venres, aprendemos que sempre hai que cuestionar e, se cadra, atenuar as afirmacións categóricas dos libros. A historia real non se escribe en branco en negro e, sobre todo, non se pode escribir só en masculino.
Para rematar, entre todos, fixemos desa conferencia o pretexto para facer nosas as palabras e das mulleres que ao longo da Historia (Safo, Clara Campoamor, a nosa Dona Emilia, Olga Novo…) defenderon o evidente: as mulleres e os homes temos os mesmos dereitos. Século XXI e hai que seguir dicíndoo.


A Idade Media en Feminino nas Terras de Celanova - Foto 1
A Idade Media en Feminino nas Terras de Celanova - Foto 2
A Idade Media en Feminino nas Terras de Celanova - Foto 3


Mais noticias...

Este sitio web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a túa experiencia de usuario, gardando preferencias, produtos visitados, datos de acceso,..., co fin de ofrecer contidos adaptados aos intereses do usuario. Si se continua navegando por esta web consideramos que se asume e acepta o seu uso..
«Ver a nosa política de cookies» | «Máis información sobre as cookies». Calquera dúbida ou suxestión utilize usar nosa «sección de contacto.»

PECHAR