arriba

 
Blanco
PortadaseparatorPlans e proxectosseparatorProgramas de éxito educativo


Programas de éxito educativo

INNOVA LAB: LEO LAB

https://iescelanova.es/museo/
A nosa localización nun mosteiro bieito levounos a abordar a musealización do noso centro, como proxecto para toda a comunidade educativa que acolle todo tipo de disciplinas e materias e, sobre todo, traballo en equipo con metodoloxías activas para poñer o edificio e as súas pertenzas ao servizo do alumnado e tamén do contorno.
O noso proxecto chámase "O fogar das Musas e comprende actividades diversas:
- Actividades de pescuda e elaboración de información
- Roteiro da Memoria Histórica nas Terras de Celanova.
- Visitas guiadas ao Claustro do Poleiro da man do alumnado.
- Concertos didácticos na biblioteca.
- Recitais poéticos e presentación de libros.
- Presentación de pezas senlleiras ("A peza do mes").
- Exposicións de traballos artísticos do alumnado e de material didáctico elaborado polo centro.

PROXECTOS DE INCLUSIÓN EDUCATIVA (PIE)

Reforzo da inclusión educativa
Fomento das actuacións encamiñadas a previr o abandono temperán e o absentismo escolar entre o alumnado vulnerable, mellorar as súas competencias persoais, sociais e de aprendizaxe e promover a súa motivación por continuar os seus estudos.
Neste curso traballamos no plan de acollida e na integración do alumnado estranxeiro. Tamén creamos un grupo de alumnado voluntario en cada unha das aulas da ESO encargado do acompañamento durante o primeiro mes deste alumnado de incorporación tardía.

Impulso da igualdade
Os obxectivos deste programa están encamiñados á prevención, detección e intervención en casos de LGBTIfobia, á prevención e abordaxe da violencia de xénero e á promoción da igualdade de oportunidades entre homes e mulleres.
Neste curso a labor fundamental baseouse na recollida de información sobre a importancia do papel da muller na historia e a pegada das mulleres pioneiras de Celanova. Leváronse a cabo varias presentacións sobre as mulleres pioneiras da comarca co fin de realizar unha exposición.


Este sitio web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a túa experiencia como persoa usuaria, gardando preferencias, datos de acceso,..., co fin de ofrecer contidos adaptados aos intereses da persoa usuaria. Se se continúa a navegar por esta web consideramos que asume e acepta o seu uso.
«Ver a nosa política de cookies» | «Máis información sobre as cookies». Para calquera dúbida ou suxestión pode usar a nosa sección «Contacte co IES Celanova-Celso Emilio Ferreiro».

PECHAR