Contratos Programa
O contrato-programa é unha iniciativa de innovación educativa desenvolvida desde a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria para proporcionarlles aos centros docentes públicos unha estratexia de mellora da calidade do ensino. Pretendemos lograr a equidade e a excelencia na educación, para o cal, debemos desenvolver as capacidades de todo o alumnado conforme as súas posibilidades e circunstancias e, para iso, teñen que organizarse de xeito diferenciado, planificando os seus recursos e desenvolvendo as actuacións necesarias para o logro duns obxectivos concretos nun período de tempo determinado.
Por todo isto o centro decidiu participar nos Contratos Programa nas seguintes modalidades:
- Mellora das competencias clave: Competencia Matemática
- Mellora das competencias clave: Competencia en Comunicación Lingüísitica
- Mellora das competencia clave: Competencias básicas en Ciencia e Tecnoloxía
- Mellora da Convivencia e Promoción da Igualdade nos Centros
- Mellora do nivel de coñecemento para acadar a excelencia
As actividades que se levan a cabo son as seguintes:
- Cadernos de Reforzo en Matemáticas, Lengua, Francés e Xeografía e Historia para alumnos con dificultades durante as avaliacións, para alumnado que non superen a avaliación en Xuño e para o alumnado con materia pendiente
- Gardas de patio produtivas onde contamos cun aula de reforzo na que no dous recreos sempre hai un profesor de lingua ou matemáticas para resolver dúbidas
- Apertura extraescolar da Biblioteca como espazo de estudo e/ou de consulta
- Revista "O Poleiro" creada dende o Departamento de Dinamización Lingüística
- Curso de impresión e Deseño en 3D curso impartido nas tardes do mércores
- Boletín informativo trimestral como un medio de comunicación entre o centro e as familias do alumnado onde lles contamos todas as actividades levadaas a cabo en cada trimestre
- Proxecto Mens Sana in Córpore Sano para fomentar a actividade deportiva e os hábitos de vida saudables
- Musicoterapia para, a través de métodos de intervención personalizados, grupais e individuais mellorar a calidade de vida, o crecemento persoal, intelectual e cognitivo do noso alumnado a través da música e do son