arriba

 
Blanco


Plan Proxecta

O Plan Proxecta é unha iniciativa da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, en colaboración con diferentes organismos, dirixida a fomentar a innovación educativa nos centros a través de programas educativos que desenvolvan as competencias clave como eixe do currículo e os elementos transversais, nos cales se inclúe a educación en valores. Trátase dun plan que busca un avance nas dinámicas de mellora da calidade educativa e favorecer a innovación nos propios centros a través de programas externos que leven á motivación e ao traballo activo, cooperativo e en rede, do alumnado e do profesorado implicado. Para iso, un dos principais obxectivos deste plan é promover a realización de proxectos interdisciplinarios que poidan servir de modelo de traballo ou de boa práctica, tanto para o propio centro en que se orixinan como para o resto da comunidade galega.

No IES Celanova temos en marcha dous proxectos:

Meteoescolas: para mellorar as competencias do alumnado en temas medioambientais e das ciencias da Terra e promover a investigación na escola, mediante a observación directa do tempo no seu centro e a contorna, así como desenvolvendo diversas competencias de xeito interdisciplinar.

Blog de Meteoescolas

Programa Deportivo de Centro: preténdese que o centro actúe como dinamizador e promotor de hábitos de vida activa e saudable, rentabilizando os recursos existentes no seu ámbito de influencia (públicos e privados). O obxectivo final será entón o de loitar contra o sedentarismo, creando hábitos que perduren fora do centro escolar e ao longo de toda a vida, dende a infancia ata a vellez.

Blog do Programa Deportivo de Centro 

 


Este sitio web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a túa experiencia como persoa usuaria, gardando preferencias, produtos visitados, datos de acceso,..., co fin de ofrecer contidos adaptados aos intereses da persoa usuaria. Se se continúa a navegar por esta web consideramos que asume e acepta o seu uso.
«Ver a nosa política de cookies» | «Máis información sobre as cookies». Calquera dúbida ou suxestión utilize usar nosa «sección de contacto.»

PECHAR