arriba
       


 
Blanco
PortadaseparatorOferta Educativa separatorCiclo Medio Xestión Administrativa


Ciclo Medio Xestión Administrativa

A formación profesional é un conxunto de accións formativas que capacitan para o exercicio dunha profesión, preparan para o acceso ao emprego e facilitan a adaptación ás modificacións laborais que se poidan producir ao longo da vida.

A formación profesional actual ofrece unha base sólida xeral e unha especialización acorde co mercado laboral e co coñecemento práctico das novas tecnoloxías. Unha das claves destes estudos é a conexión entre o mundo educativo e o mundo produtivo, aspecto que se trata de garantir combinando a formación no centro educativo coa formación nas empresas. Así, o alumnado de Formación Profesional realiza actividades formativas nas empresas (formación en centros de traballo, ou FCT), o que lle proporciona o complemento da práctica real á formación recibida.

No IES Celanova contamos co Ciclo Medio de Xestión Administrativa pertencente á Familia Profesional de Administración e Finanzas

Guía da Formación Profesional

Currículo do Ciclo Medio de Xestión Administrativa


Este sitio web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a túa experiencia de usuario, gardando preferencias, produtos visitados, datos de acceso,..., co fin de ofrecer contidos adaptados aos intereses do usuario. Si se continua navegando por esta web consideramos que se asume e acepta o seu uso..
«Ver a nosa política de cookies» | «Máis información sobre as cookies». Calquera dúbida ou suxestión utilize usar nosa «sección de contacto.»

PECHAR