O noso Centro
HISTORIA E FUTURO
De portas adentro:
Nivelación das diferenzas: contamos con profesorado terapéutico que facilita a adaptación do alumnado con necesidades específicas.
Implicación do profesorado: prestamos atención individualizada ao alumnado que o demanda en espazos como a "Aula 201", onde especialistas en matemáticas e linguas atenden e supervisan o estudo das respectivas materias.
Visión multidisplinar: con proxectos educativos nos que se coordinan varios departamentos (Contratos programa, EDLG, revista "O Poleiro", clube de lectura "Hora 33", "Exército Dumbledore", Plambe, Meteoescolas, Programa Deportivo de Centro)
Dinamismo e formación integral: porque non todo é estudar; tamén medramos xogando e creando nos recreos de recuperación de xogos populares e deporte ou na actividade de Musicoterapia.
De portas para fóra:
Viaxamos polo mundo: ao CERN en Xenebra, á neve con Educación Física, á costa con Ciencias, a París con Francés, a Porto con Lingua Galega, a Madrid con Música, amén das tradicionais viaxes coas materias de Relixión e Historia ou as de fin de ciclo con contido curricular e dimensión lúdica.
Abrimos a Biblioteca en horario extraescolar todos os martes, mércores e xoves de 15:30 a 18:00 horas para servizo do noso alumnado e dos socios externos: antigos alumnos, pais, nais e lectores da vila.
Galería de Fotos