arriba

 
Blanco
PortadaseparatorPlans e proxectosseparatorPrograma iMpulsa


Programa iMpulsa

PROXECTO IMPULSA
O programa Impulsa acompaña ós mozos e mozas participantes para que descubran a súa vocación, melloren as súas competencias e fortalezan así o seu proxecto de vida. Desta forma, conseguirase favorecer a continuidade formativa e a empregabilidade xuvenil a través do acompañamento profesional, facilitando ferramentas que lles axuden a conseguilo.
A Fundación Ayuda en Acción, en relación co IES Celanova Celso Emilio Ferreiro, asume os seguintes compromisos:
- Destinar persoal técnico de empregabilidade ao centro educativo, que se encargará de implementar as accións que formen parte da Estratexia de Emprego da Fundación.
- Impartir sesións individuais co alumnado.
- Intervir dentro da aula con cada un dos grupos de formación profesional determinados, nos días e horas acordados co persoal docente do centro.
- Planificar e organizar de actividades con actores clave do entorno dentro do centro educativo e en coordinación co mesmo.
- Planificación e organización de actividades con actores clave do entorno fora do centro educativo e en coordinación co mesmo.
- Organizar os eventos asociados ao programa en coordinación co centro educativo.
- Incluir ó centro na rede de centros, de cara ao conxunto de intervencións futuras da Fundación Ayuda en Acción.


FEIRA DE EMPRENDEMENTO
No IES Celanova celébrase anualmente unha feira de emprendemento, integrada dentro do proxecto Impulsa, que reúne a representantes de diferentes sectores profesionais e centros de formación. O obxectivo desta actividade é achegar ao alumnado as múltiples oportunidades laborais e académicas que poderán explorar ao rematar os seus estudos. A través de charlas, obradoiros e postos informativos, os participantes descobren de primeira man as demandas do mercado e as opcións de especialización dispoñibles. Ademais, foméntase o espírito emprendedor, mostrando experiencias reais de iniciativas empresariais exitosas. Esta feira converteuse nun espazo motivador e enriquecedor que impulsa ao estudantado a deseñar o seu propio futuro.


Programa iMpulsa - Foto 1
Programa iMpulsa - Foto 2
Programa iMpulsa - Foto 3
Programa iMpulsa - Foto 4
Programa iMpulsa - Foto 5
Programa iMpulsa - Foto 6
Programa iMpulsa - Foto 7

Este sitio web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a túa experiencia como persoa usuaria, gardando preferencias, datos de acceso,..., co fin de ofrecer contidos adaptados aos intereses da persoa usuaria. Se se continúa a navegar por esta web consideramos que asume e acepta o seu uso.
«Ver a nosa política de cookies» | «Máis información sobre as cookies». Para calquera dúbida ou suxestión pode usar a nosa sección «Contacte co IES Celanova-Celso Emilio Ferreiro».

PECHAR